Desenvolvemento da metodoloxía STE(A)M e tecnoloxías e-learning

Inclúe:

(1) Desenvolvemento dun sistema interactivo dixital de laboratorio (e-Lab).
(2) Desenvolvemento dun sistema de intercambio de información xeolocalizada nas prácticas de campo
(3) Desenvolvemento de sistemas de integración dos datos. Desenvolvemento dun sistema de aula virtual acoplado ao sistema de webinar para clases telemáticas.

Formación de profesorado

Inclúe:

(1) Elaboración de materiais didácticos de apoio científico e alfabetización cinematográfica.
(2) Deseño dun itinerario de formación en liña de formadores.
(3) Elaboración dunha Guía metodolóxica para o uso didáctico do sistema de formación telemática.
(4) Formación para educadores no Delta do Danubio.

Campus «One Health» de iniciación á investigación e á comunicación

Inclúe:

(1) Desenvolvemetno do Campus xuvenil internacional «One Health» de iniciación á investigación e á comunicación con seminario docente.
(2) Avaliación dos resultados da formación e incorporación de medidas correctoras nos programas formativos docente e discente

Intervención socioeducativa para a transferencia á sociedade.

Inclúe:

(1) Establecemento dunha Rede de escolas comunitarias sostibles.
(2) Elaboración de recursos didácticos de transferencia científica aloxados na aula virtual.
(3) Promoción en redes de cada estado con cinco escolas comunitarias mediante os eventos multiplicadores.
(4) Estratexia de transferencia e explotación de resultados.